"Ben-Cho-Shey", seudónimo que lle deu fama a Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ourense 1896-Madrid 1988), e que adoptou para as crónicas da guerra de Marrocos en 1921 que enviaba ao diario ourensán "La zarpa". Escritor, mestre e investigador galego que deixou o seguinte epitafio na súa tumba do cemiterio de San Francisco de Ourense:
"O señor D. Xosé Ramón
Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran cruz de Montealegre, colector de
Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus
amigos o seu novo domicilio no cumio do cimiterio de Ourense, onde os
agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa
filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas
tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou
non se fan."
Foto:Miguel Villar, vía La voz de Galicia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario