"Xentes que estiveron asoparadas dende que o mundo é mundo, e que, tal como pradicaba don Urbano "el pies", párroco de Santísima Trinidade, que os tiña como carros, o feito de vérense xuntos e de acordo, era descontra a lei de Deus os lei natural, que os tiña feito soparados, e que tales misturas non farían máis que adiantar a fin do mundo que xa tiña estado máis lonxe.
En troques a xente de orde e respeto víanlles con satisfación e decíanllo, que o seu fillo, que viña a ser eu, non andivese na Escola Laica; asunto iste, que pola contra, disputábase moito entre os compañeiros do meu pai, que decote remataban en non atoparlle cousa razonábel ao que lles chamaban "a virada de chaqueta do Aser"."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 160-161, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario