lunes, 8 de septiembre de 2014

Pra encher

"Na Praza do Ferro atopei a primeira xente, que non era xente sinón veciñas que estaban á vez, pra encher na Fonte do Ferro:
   que estaba a Mercedes dos chaleques que decote me bicaba dende neno, e ollou pra min con moita fixeza e non me conoceu;
   e despois a Fermina, compañeira da miña nai, que aínda estivera a merendar na miña casa o domingo; e fitoume seguido e tampouco me conoceu, millor."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 154, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario