miércoles, 3 de septiembre de 2014

Heriberto vai con Dios

"longo e ancho de costas, cunhas mans como pés, que era o que lle daba á roda grande da máquina de El Progreso, que era, como xa dixen, o xornal dos liberales, que o dos cregos, conservadores e tendeiros maragatos, el Eco del Calvario, facíase na vella cárcel da Curia e a máquina era nova;

 que xa non lle daban á roda coa man, i eu aínda non adeprendera como andaba a máquina, e tiña envexa porque era máis nova cá do taller do meu pai, que os liberales, non sei por qué, sempre tiñan menos cartos que os conservadores.

  E aínda había outro que saía os domingos, que o escribía o Heriberto (...)
e de primeiras puxéralle El Maelströn, e como ninguén sabía qué quería decir, púxolle La Tempestad, e cando pasaba por embaixo dos balcóns do local dos requetés, na praza do Trigo, cantábanlle con música do teatro cando botaban aquela zarzuela que tamén se chamaba La tempestad, e que todos a sabíamos:
  "Heriberto vai con Dios", "non nos toques os c..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 142, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario