"Da penumbra dun canto, xorde a masa harmoniosa de Carlota, Carlota Fioravanti, envolveita en veos pretos, cun corazón de brillantes sobre o escote de mármore. O cabaleiro, inclinándose sobre a man enmitonada de granate, mermuraba un comprimento e daba o fogo dos seus labres á cálida neve que se lle oferecía en cada dedo garnido de sortellas de ouro branco e raras pedras sen brillo. Os presentes ocuparon sofás, cadeiras, mouchos dispostos arredor da estufa. Acendéronse vegueros, coa venia de Carlota, que quedaba de pé cos ollos perdidos na ringleira do Teatro Crítico, tal vez saudosa dunha Enciclopedia ou dunha Historia Natural do Conde de Buffon."
(Relato situado no 1840 na sáa de lectura do Casino de Ouréns)
Xosé Luis Méndez Ferrín, "Xeque-mate" do seu libro Crónica de nós, ed. Xerais, 1980, páx.73 da 1ªedic. en Colección Narrativa, 1992
Padre Feijóo: autor do Teatro Crítico Universal
No hay comentarios:
Publicar un comentario