martes, 26 de octubre de 2021

Antón Tovar

 A Limia

Fomos á Limia a miña amada i eu

fomos á Limia a saudar a terra longa,

a chaira longa de carballos, castiñeiros

e lameiros de coor de mar, no meio dos centeos.

Andaban recollendo a colleita das patacas.

As medas de centeo, redondas co seu teito de palla

parecían cachoupiñas amarelas.

Andivemos os camiños e comemos as amoras das silveiras.

A Limia é un mar de longos ventos,

de paseniños carros que van cantando a fío,

tal como unha fonte deita a iauga no chan,

que van cantando como canta un merlo.

A Limia é a miña terra. Agora eu tiña

catro ollos pra ollala, os meus i os da miña amada.

Na Limia nascín eu, nos brazos da nai miña

vín por primeira vez o sol i a chuvia

e quén sabe si o voa que revoa de algunha volvoreta.

Antón Tovar, O vento no teu colo. (1974)

Tal día coma hoxe de hai cen anos nacía Antón Tovar na aldea de A Pereira (Rairiz de Veiga), na Limia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario