domingo, 13 de octubre de 2019

Retrato II: Luís García Mañá, 1991.


Reconstrución fisionómica. Debuxo do ex-xefe de policía de Galicia e publicado no ano 1991 no libro  de José Domínguez e Lino Blanco: “O home do unto. Blanco Romasanta. Historia real de una leyenda.” (páxs. 50-52)

Luís García Mañá indica que se trata dun home duns 43 anos, moi baixo, posto que medía 5 pés menos unha polgada (1´37 metros), de pel morena clara, ollos castaños claros, pelo e barba crecida negra e semicalva a parte superior da cabeza (probablemente como efecto  non só da idade, senón tamén de usar sombreiro). A súa fisonomía non resultaba violenta nin repugnante, ao non ter trazo característico algún. Segundo os forenses a súa mirada era doce e tímida, podendo volverse feroz e altiva ou forzadamente serea. O seu temperamento era bilioso e o seu desenvolvemento corporal manifestábase de forma regular dentro da súa limitada estatura. Ao parecer gozaba de boa saúde.

Reconstrución fisonómica


No hay comentarios:

Publicar un comentario