Recentemente dous
xuristas e investigadores ourensáns, os irmáns Castro, Félix e Cástor, veñen de
descubrir o destino final de Romasanta, rastrexando xornais na Biblioteca
Nacional, e despois de anos de seguimento. A súa investigación, que toma como
punto do partida o estudo exhaustivo da bibliografía coetánea ao procesamento
–xornais, revistas, follas de cordel-,
foi publicada no 2012 no libro de José Domínguez, Romasanta: historia
y leyenda, baixo o epígrafe de “El final de Romasanta (1854-1863)”.
Na hemeroteca da
Biblioteca Nacional de España atoparon máis de cincocentas notas de prensa,
tanto en xornais de Madrid (La Época, La
España, El Clamor Público, La Esperanza, El Heraldo de la Mañana, El Católico,
El Genio de la Libertad), como de Galicia (El Coruñés), ou en folletíns ou
revistas (La Ilustración, La Ilustración
Artística, El Mundo Pintoresco, El Periódico para Todos).
En xornais
franceses e ingleses tamén aparecen referencias, incluso nalgún caso
magnificando os seus crimes, imputándolle ter comido a dous ou tres dos seus
propios irmáns (The morning Chronicle,
21-7-1852, Londres).
No hay comentarios:
Publicar un comentario