jueves, 3 de octubre de 2019

Ceuta (II)


Tamén se encargarán do seu caso publicacións científicas e médicas como Electrodynamisme vital (Duran de Gros, París, 1855), ou Revue de psychothérapie et de psychologie appliquée (1895), aludindo a Romasanta como “antropophage gallicien”.

Seis artigos do escritor coruñés Antonio de San Martín publicados na revista madrileña El Periódico para todos (outubro de 1876) aludía a Romasanta nos anos posteriores a sentenza. Cóntanos que nunha visita ao cárcere de San Antón na Coruña, o seu amigo Benito Vicetto (coñecido escritor e comandante de presidio) amosoulle a un home pequeno, de cor enfermiza e fisonomía vulgar, ollos pardos e melancólicos, voz efeminada, que se atopaba sentado no chan da súa cela facendo calceta, encadeado da cintura ao nocello esquerdo e un rosario ao pescozo con medallas e un cristo que bicaba de cando en vez. Tratábase de Romasanta. Cóntanos San Martín que recibía infinidade de visitas, ingleses entusiastas, pintores, corresponsais estranxeiros, tamén damas elegantes e delicadas, que escoitaban de primeira man a súa desgraciada historia e recollía cheo de humildade todas as esmolas que lle daban. Como din os irmáns Castro era unha especie de fenómeno “fan” con inusitado interese mediático, unha especie de “serial killer” actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario