“Xa dixen que, ó
contrario da maioría dos meus paisanos, que non han aprender nunca ou o han
facer mal de pro vida, axiña aprendín a ler e mais tamén a escribir, sempre en
correcto castelán. Axudoume a isto a estreita relación que mantiven sempre cos
membros da Igrexa, acólito que fun dende moi cedo e sancristán que cheguei a
ser na parroquial de Santa Baia antes de me decidir a percorre-los camiños e
seguir así os ditados deste meu corazón que tantos supoñen, ou queren supoñer,
atribulado. Tamén aprendín a coser e a facelo como ninguén para confeccionar
roupas talares, casullas bordadas con esmero, albas con puntillas incribles,
manteis para os altares, amictos, estolas, mesmo sotanas que cosín con
parsimonia e calma, tamén con primor e perfección extremas, pois son un artista
coas miñas mans.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario