Ningún documento
foi atopado nos distintos rexistros da cidade ceutí que faga referencia a súa
estancia ou a súa morte, tampouco a onde poidan estar depositados os seus
restos. Aínda que todo apunta a que foi enterrado nunha fosa común do cemiterio
de Santa Catalina, na parroquia de Nuestra Señora de los Remedios, a onde ían
parar os restos dos penados.
Na súa estancia
en Ceuta (nada sabemos desde cando, nin nada sabemos sobre como foi o traslado
desde a península) debeu estar no
Principal do Penal, ao carón do Cuartel das Heras, no monte Hacho, a onde ían
parar todos os presos comúns. Este edificio converteuse despois en cuartel de
Enxeñeiros e logo en Parque de Artillería, sendo finalmente demolido en 2008.
Sobre a vida no
Penal ceutí naquela época podes consultar o seguinte enlace: https://elfarodeceuta.es/el-cabo-de-vara-en-el-presidio-de-ceuta/
Monte Hacho. Ceuta. Fonte: El Faro de Ceuta. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario