“O feito de navegar
até o castelo de Santo Antón, chegou constituír todo un espectáculo e a se
converter, a pequena viaxe até el dende o peirao do Parrote, nun obrigado
desprazamento marítimo, nunha pequena singradura dominical recomendada ós
habitantes herculinos. Don Pedro aseguroume que era, que é, tal a miña sona,
que viñan dende Ferrol e Santiago, e aínda doutras cidades do reino de Galicia,
con tal de saberme cerca, de sentir a proximidade do home lobo. E que foi moi
pouco e pouco como deixaron de vir, aburridos de non atopar eco ás súas voces.
Sentiríano os mariñeiros que os transportaban nas súas gamelas de pescadores.
Segundo don Pedro, algúns deles fixeron as Américas por conta miña. Eu tamén o
sinto. Agora non escoito as súas voces. Tampouco vexo o mar. Pero escóitoo.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario