miércoles, 9 de octubre de 2019

Ceuta (V)

A súa morte evidénciase definitivamente no Segundo Libro de Partidas de defuntos da parroquia de Santa Eulalia de Esgos (Folla 17, Inscrición 63), na que no ano 2012 reparan os irmáns Castro Vicente, e onde se alude a un cabo de ano tido naquela parroquia polo seu irmán José, o 16 de decembro de 1864, e no que se indica: “sele tubo en esta Iglesia de Santa Eulalia el entierro y honras de Manuel Blanco hermano de aquel que murió en el correccional de Ceuta...”.

Os irmáns Castro Vicente rematan a súa investigación abrindo unha nova porta a fantasía, cuestionándose se non tería fuxido Romasanta do presidio do monte Hacho, e agora deambule polas montañas do Atlas, en vez de por San Mamede, como moitos quixeron crer ao longo dos anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario