“E agora son o
bufariñeiro, o Bieito de Esgos, coñecido nas trinta parroquias da contorna, a
paisaxe brava ao abeiro do Monte Medo. Ando coa miña tenda ás costas, desde
Asturias até a raia seca de Portugal. Merco os panos e a quincalla nas terras
de Astorga ou nas almoedas das cidades. Vendo nas romarías das aldeas e nas
feiras das campas. Tamén conduzo camiñantes dunha banda á outra das montañas,
ás veces fuxidos da xustiza. (...) Compoño paraugas, amaño cordas ou adibais,
remendo calquera caste de trebellos. Vou e veño, na ambulancia do meu oficio, cando
a primavera chega e a neve deixa atravesar as congostras. Tamén levo algunhas
mulleres pola serra adiante, cruzando prados e carreiros.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario