“E de socato o
grito: rebentou! Como cho conto. Estaba como sempre, metido na súa cela, contra
a luz da xanela, bordando ou cosendo ou facendo unha perrallada das súas, cun
dos seus cadelos a esbardallarlle como sempre, desde a porta, que a falta de
pan boas serán tortas e el a ignoralo pero a poñer a orella e deitar o pano
sobre a cara, o de sempre, e non fixo nin mu, non deu nin chío, de repente
quedou quieto, alzou a cabeza, botou o peito como un can cando se estarrica e
rebentou por dentro. Unha poza de sangue saíalle gorda polo rodo da saia, cada
vez máis grande. E alí quedou.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario