sábado, 26 de octubre de 2019

Os oficios I


Dende pequeno, e ao longo da súa vida en liberdade, foron múltiples os oficios que Manuel Blanco aprendeu e desenvolveu. Parece que tiña facilidade para a aprendizaxe dos distintos oficios, e xunto a unha habilidade e maña considerable, fixo que dominara distintos traballos, que lle repercutían positivamente para gañarse a vida nuns tempos onde sobrevivir era complicado, ao tempo que lle abría moitas portas da veciñanza pola súa axuda en múltiples facetas. Certa sensibilidade feminina facían que se adaptara con facilidade tanto a traballos típicos, na súa época, tanto de homes como de mulleres. Múltiples, por tanto, foron as súas dedicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario