domingo, 20 de octubre de 2019

Personalidade I


 era muy listo, y que sabía de todo; sabía por la dirección del viento si iba a llover o no, que tan bien sabía de medicinas para la gente como para el ganado, tan bien sabía ganchillar como tejer o calcetar con dos o cuatro agujas, era muy hablador y simpático con las mujeres”

José Domínguez indica que Manuel Blanco Romasanta era, por riba de todo, unha persoa normal, corrente para a época. Gozaba da estima dos seus veciños, era un home de profundas conviccións relixiosas que puña en práctica moi a miúdo. Amosábase como un individuo equilibrado, cos seus defectos e as súas virtudes, e unha cantas manías, pero corrente, ao fin e ao cabo. Tamén fisicamente, pois aínda que hoxe poida parecernos excesivamente baixo, cerca do metro corenta, daquela predominaban alturas moito máis baixas que hoxe en día.

En Rebordechao deu claras mostras da súa personalidade, destacando por traballador dilixente, devoto e espelido. Era un “milmañas”, capaz de botar unha man  nas máis variadas tarefas, xa fose en oficio propio de homes ou outros máis femininos como calcetar, que en múltiples ocasións fixo que fose tachado como mariquiteiro ou efeminado, cousa que non parecía importarlle en demasía. O seu fervor relixioso era excesivo, sempre disposto a botar unha man na igrexa, xa fose axudando na misa, ou tocando as campás. Pero ademais era moi instruído, especialmente para a época, xa que sabía ler e escribir (o que lle permitía ler cartas da veciñanza ou axudarlles cunhas letras para algún familiar afastado), pero os seus coñecementos tamén eran de carácter práctico, sabendo cando ía chover, e as tarefas que correspondían a cada lúa. Un veciño rico en vivencias e en relatos, que viaxara por múltiples lugares, máis que o cura ou o mestre do pobo. Pese a todo era considerado un “pouca cousa” polos homes aos que non lles infundía ningún temor, pero por outra parte pronto gañaba a confianza das mulleres, chegando a intimar, con facilidade, con moitas delas, especialmente as que se atopaban máis soas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario