“Manuel Blanco
Romasanta é de profesión bufariñeiro e posúe unha certa tendencia feminil,
exercendo, ou tendo exercido, os oficios de alfaiate, cociñeiro, cordeleiro,
criado, cribeiro, estraperlista, pegureiro, peneireiro e tendeiro.”
jueves, 31 de octubre de 2019
Os oficios II
Dedicacións: Dedicacións: Cordeiro, peneireiro, xastre,
tendeiro ambulante (“buhonero”), cociñeiro, “tacholero” (cravador de tachuelas
de zapatos), cedacero, segador, fiar,
calcetar...
Vaqueiro,
Vítor. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres.
2011
miércoles, 30 de octubre de 2019
O bufariñeiro
“E agora son o
bufariñeiro, o Bieito de Esgos, coñecido nas trinta parroquias da contorna, a
paisaxe brava ao abeiro do Monte Medo. Ando coa miña tenda ás costas, desde
Asturias até a raia seca de Portugal. Merco os panos e a quincalla nas terras
de Astorga ou nas almoedas das cidades. Vendo nas romarías das aldeas e nas
feiras das campas. Tamén conduzo camiñantes dunha banda á outra das montañas,
ás veces fuxidos da xustiza. (...) Compoño paraugas, amaño cordas ou adibais,
remendo calquera caste de trebellos. Vou e veño, na ambulancia do meu oficio, cando
a primavera chega e a neve deixa atravesar as congostras. Tamén levo algunhas
mulleres pola serra adiante, cruzando prados e carreiros.”
martes, 29 de octubre de 2019
Axiña aprendín
“Xa dixen que, ó
contrario da maioría dos meus paisanos, que non han aprender nunca ou o han
facer mal de pro vida, axiña aprendín a ler e mais tamén a escribir, sempre en
correcto castelán. Axudoume a isto a estreita relación que mantiven sempre cos
membros da Igrexa, acólito que fun dende moi cedo e sancristán que cheguei a
ser na parroquial de Santa Baia antes de me decidir a percorre-los camiños e
seguir así os ditados deste meu corazón que tantos supoñen, ou queren supoñer,
atribulado. Tamén aprendín a coser e a facelo como ninguén para confeccionar
roupas talares, casullas bordadas con esmero, albas con puntillas incribles,
manteis para os altares, amictos, estolas, mesmo sotanas que cosín con
parsimonia e calma, tamén con primor e perfección extremas, pois son un artista
coas miñas mans.”
lunes, 28 de octubre de 2019
As miñas mans
“Non ignoraba que
as miñas mans constituían unha das miñas mellores armas, polo menos a tal
respecto, o de reclama-la atención allea, e acaso por esa razón foi pola que me
convertín nun xastre experto, que é profesión que na nosa terra se considera un
si é non é propia de mulleres, apenas homes...”
domingo, 27 de octubre de 2019
Aprendera o que aprenderan
“Deste xeito
criouse a nena dos Blanco. Manuela aprendera o que aprenderan as súas irmás ou
calquera outra nena do seu tempo. Aprendera a escribir o seu nome, contar polos
dedos para ir vender algunha cousiña á feira e que non a enganasen co que
valían os ovos, e tamén a delourar e facer as camas, algo de hixiene de si
mesma e da casa, a cantar bonito na misa e arranxar a igrexa. Tamén sabía
despenar aves, avivar e manter o lume, medir o leite e facer nata coa tona,
coser un pouco, calcetar e lavar no río. Tiña seis anos. E pelos nas coxas como
un varón cumprido.”
sábado, 26 de octubre de 2019
Os oficios I
Dende pequeno, e ao longo da súa vida en
liberdade, foron múltiples os oficios que Manuel Blanco aprendeu e desenvolveu.
Parece que tiña facilidade para a aprendizaxe dos distintos oficios, e xunto a
unha habilidade e maña considerable, fixo que dominara distintos traballos, que
lle repercutían positivamente para gañarse a vida nuns tempos onde sobrevivir
era complicado, ao tempo que lle abría moitas portas da veciñanza pola súa
axuda en múltiples facetas. Certa sensibilidade feminina facían que se adaptara
con facilidade tanto a traballos típicos, na súa época, tanto de homes como de
mulleres. Múltiples, por tanto, foron as súas dedicacións.
viernes, 25 de octubre de 2019
Nos primorosos traballos manuais
“Fun un neno
feitiño, de doces ollos da cor do mel, habelencioso coas mans ata tal punto
que, calquera traballo que fixese con elas, sempre habería producir admiración.
Sóubeno dende un principio e deleiteime en eles, nos primorosos traballos
manuais que realizaba, procurando chama-la atención da xente cara a tódolos
labores nos que ocupase os meus ocios de neno. Fíxeno non tanto polos labores
en si, posto que o seu exercicio apenas me proporcionaba pracer ningún, senón
polo feito de sabe-las olladas das xentes pousadas enriba miña; que iso si que
me causaba, si me producía, unha satisfacción indescritible, aínda ma causa, e
ese era o mellor modo que tiña de reclama-las miradas, concitándoas á
admiración e á louvanza.”
jueves, 24 de octubre de 2019
Cranioscopia
“Para demostralo
examinou o meu estado visceral e someteume despois ás luces da cranioscopia.
Dixo, entón, que o óvalo de capacidade que vai dende a fronte ó occipicio,
marchando polas tempas, é de vinte e dúas polgadas; que o da cara é de vinte e
tres e nove liñas; que as apófises mastoides distan un arco de nove polgadas;
que do arco dentario á cima da fronte se miden seis polgadas; dixo ademais que
o ángulo facial abre oitenta e dous graos, por efecto do avultamento dos seos
frontais, que son pronunciados abondo e que por tal razón poden acadar un
desenvolvemento excesivo, pero sen que a iso concorra a masa encefálica e
induza un erro como xa teñen indicado os frenólogos. Engadiu que se advirte un
resalto moi considerable na porción escamosa do temporal.
Sábeas todas, e contempla e estuda todo á luz
de tódalas teorías, o bo doutor, segundo me avisou xa Manuel Rúa Figueroa, o
meu avogado.”
miércoles, 23 de octubre de 2019
Os médicos
“Os médicos que me
observaron (¿deberei da-los seus nomes todos?) descríbenme de cinco pés menos
polgada de talle, moreno de cute clara, ollos castaño claro, pelo e barba
negros, medio calva a parte superior da cabeza, e din que a miña fisionomía non
é nada repugnante, que a miña ollada é doce, xa tímida, xa feroz e altiva, e
forzadamente serena.
(...) Foi el quen
engadiu o que resta. Dixo que pulso sesenta e dous latexos por minuto e que o
meu temperamento é bilioso e nervioso, sen esaxeracións nin predominio notable
de aparatos e que mesmo o de tecidos é tan suave que a duras penas se recoñece,
el saberá o que quixo dicir con iso, pois engadiu que coincide con formas
regularmente desenvolvidas e unha saúde florecente e nunca desmentida.
Nada se advirte no meu aspecto que difira do
común dos homes, asevera don Vicente, e, segundo el afirma, no meu discurso
nótase consecuencia, precisión, bo xuízo e desconfianza; tanto como se advirten
penetración, tacto e talento naturais, superiores á miña condición. A miña
apostura é humilde, con hipocrisía marcada, engade, e coincide así comigo o bo
doutor, xa dixen que non habería esquencer nunca o seu nome.”
martes, 22 de octubre de 2019
Reza para seducir
“Manuel Blanco
calcula medios, mide y combina tiempos, modos y circunstancias; no mata sin
motivo, ni acomete sin oportunidad; conociendo que hace mal se oculta, seduce
para robar: mata para ocultar, reza para seducir: conoce el deber y la virtud
para desoirlos; luego de su conformacion, de sus actos, de su historia, de sus
disculpas misma se evidencia que Manuel Blanco no es loco, ni imbécil, ni
monomaniaco, ni lo fué, ni lo logrará ser mientras esté preso, y por el
contrario de los datos referidos resulta que es un perverso, consumado
criminal, capaz de todo, frio y sereno, sin bondad y con alvedrío, libertad y
conocimiento: el objeto moral que se propone es el interés: su confesion
esplícita fué efecto de la sorpresa, creyéndolo todo descubierto: su
esculpacion es un subterfugio gastado é impertinente: los actos de piedad una
añagaza sacrílega: su hado impulsivo una blasfemia: su metamórfosis un
sarcasmo.”
lunes, 21 de octubre de 2019
Personalidade II
Elías Domínguez
escoitou de xente contar, tal e como oíran de antergos, que era un home moi listo e moi espelido, que
sabía de todo; sabía pola dirección do vento se ía chover ou non, sabía de
menciñas tanto para a xente como para o gando, tan ben sabía labores de gancho
como tecer ou calcetar con dúas ou catro agullas; era moi simpático e falador
coas mulleres.
Seguindo a Mariño
Ferro apuntamos distintas opinións de veciños seus recollidas na Causa xudicial
contra Romasanta. Manuel Blanco é un home que esperta simpatía. Andrés Branco,
o seu caseiro, aínda que sorprendido por algúns trazos da súa personalidade,
apréciao. Gústalle o carácter afable, a palabra comedida e a súa alegre
disposición a colaborar en calquera tarefa, salvo na de sacrificar animais
porque non soporta ver sangue. (“-Deus me libre –exclama cando Andrés lle
propón matar un carneiro para a festa-. Se queres guísocho, pero non podo
matalo.”) Os veciños de Rebordechao ven no Canicha un home amable, bastante
devoto e amigo dos curas, e un tanto efeminado. Agostiño Fernández descríbeo
así: idade de trinta a corenta anos, amullerado, as pernas bastante gordas, cor
trigueira, pelo castaño, barba o mesmo, algo calvo. Xoán Gómez dá un retrato
moi parecido. Bríxida Aguiar insiste nos modais efeminados, e di que fía,
calceta e realiza outros labores propios das mulleres. Salvo nos modos
femininos e no dominio dos quefaceres das femias, considérano un home normal,
razoable e xuizoso, segundo declaran numerosas testemuñas. Observa boa conduta
e móstrase devoto e caritativo. Reza o rosario con frecuencia na igrexa, axuda
á misa e nunca se lle oe unha bocalada nin unha mala expresión, de maneira que
todos os veciños o queren e estiman.
domingo, 20 de octubre de 2019
Personalidade I
“era muy listo, y que sabía de todo; sabía por la dirección del viento
si iba a llover o no, que tan bien sabía de medicinas para la gente como para
el ganado, tan bien sabía ganchillar como tejer o calcetar con dos o cuatro
agujas, era muy hablador y simpático con las mujeres”
José Domínguez
indica que Manuel Blanco Romasanta era, por riba de todo, unha persoa normal,
corrente para a época. Gozaba da estima dos seus veciños, era un home de
profundas conviccións relixiosas que puña en práctica moi a miúdo. Amosábase
como un individuo equilibrado, cos seus defectos e as súas virtudes, e unha
cantas manías, pero corrente, ao fin e ao cabo. Tamén fisicamente, pois aínda
que hoxe poida parecernos excesivamente baixo, cerca do metro corenta, daquela
predominaban alturas moito máis baixas que hoxe en día.
En Rebordechao
deu claras mostras da súa personalidade, destacando por traballador dilixente, devoto
e espelido. Era un “milmañas”, capaz de botar unha man nas máis variadas tarefas, xa fose en oficio
propio de homes ou outros máis femininos como calcetar, que en múltiples
ocasións fixo que fose tachado como mariquiteiro ou efeminado, cousa que non
parecía importarlle en demasía. O seu fervor relixioso era excesivo, sempre
disposto a botar unha man na igrexa, xa fose axudando na misa, ou tocando as
campás. Pero ademais era moi instruído, especialmente para a época, xa que
sabía ler e escribir (o que lle permitía ler cartas da veciñanza ou axudarlles
cunhas letras para algún familiar afastado), pero os seus coñecementos tamén
eran de carácter práctico, sabendo cando ía chover, e as tarefas que
correspondían a cada lúa. Un veciño rico en vivencias e en relatos, que viaxara
por múltiples lugares, máis que o cura ou o mestre do pobo. Pese a todo era
considerado un “pouca cousa” polos homes aos que non lles infundía ningún
temor, pero por outra parte pronto gañaba a confianza das mulleres, chegando a
intimar, con facilidade, con moitas delas, especialmente as que se atopaban
máis soas.
sábado, 19 de octubre de 2019
Retrato VI: falso retrato, 2003.
Suposto retrato
de Romasanta que aparece no ano 2003 no libro de Carlos Berbel e Salvador Ortega: Psicópatas
criminales, sen citar a fonte de procedencia, polo que
o damos por falto de rigor absoluto. O problema é que a partir da súa
publicación neste libro apareceu en distintos lugares, especialmente
documentais e páxinas de internet, dando a coñecer un retrato de Romasanta que
non ten ningunha veracidade.
viernes, 18 de octubre de 2019
La apófisis mastóides
“Examinóse en
consecuencia el estado visceral del reo y sometióse su cabeza á las luces de la
craneoscopia con los siguientes resultados.
El óvalo de capacidad que se estiende de la
frente al occipucio marchando por las sienes, es de veinte y dos pulgadas; el
de la cara de veinte y tres y nueve líneas; las apófisis mastóides distan un
arco de nueve pulgadas; del arco dentario al alto de la frente seis pulgadas:
el ángulo facial abre ochenta y dos grados, efecto del abultamiento de los
senos frontales bastante pronunciados en este sugeto, los cuales pueden
adquirir un desarrollo escesivo, sin que á ello concurra la masa encefálica é
inducir un error como los frenólogos han notado ya. Se advierte tambien un
resalto no muy considerable en la porcion escamosa del temporal.”
jueves, 17 de octubre de 2019
Cinco piés menos pulgada de talla
“Manuel Blanco es
un hombre de 43 años; cinco piés menos pulgada de talla, tez moreno claro, ojos
castaño claro, pelo y barba negros, semi-calva la parte superior de la cabeza:
fisonomía nada repugnante y sin rasgo
característico; mirada ya dulce y tímida, ya feroz y altiva y forzadamente
serena: pulsa á 62 por minuto; temperamento bilioso-nervioso sin exageraciones
ni predominio notable de aparatos; y aun el de tejidos es tan suave, que á
duras penas se reconoce: coincide con formas regularmente desarrolladas, y una
salud floreciente, nunca desmentida. Nada se advierte en su aspecto que difiera
del comun de los hombres. En su discurso nótase consecuencia, precision, buen
juicio y desconfianza: se advierte en él penetracion, tacto y talento naturales
y superiores á su condicion: su apostura es humilde con hipocresía marcada. Las
facultades afectivas y cognoscitivas no se resienten de vicios innatos, ni se
ostentan melladas por los adquiridos.
(...) y á todo esto
conserva memoria circunstanciada de sus hechos, de las victimas, circunstancias
de su muerte, votos que hacian por su vida, edades, nombres y cuanto puede
recordar el hombre mas cabal.”
miércoles, 16 de octubre de 2019
martes, 15 de octubre de 2019
lunes, 14 de octubre de 2019
Retrato III: Marga Sanín e Fernando Serrulla, 2012.
Marga Sanín e Fernando Serrulla pertencen á Unidade de Antropoloxía Forense do
Instituto de Medicina Legal de Galicia.
Basease nas descricións antropométricas e os
recoñecementos médicos que realizaron cinco facultativos que participaron na
instrución do sumario e os xuízos celebrados na época.
Presentouse, tanto o
busto como o retrato, nas II Xornadas Romasanta celebradas en Allariz en
novembro de 2012.
.
Busto. |
domingo, 13 de octubre de 2019
Retrato II: Luís García Mañá, 1991.
Reconstrución fisionómica. Debuxo do ex-xefe de
policía de Galicia e publicado no ano 1991 no libro de José Domínguez e Lino Blanco: “O home do
unto. Blanco Romasanta. Historia real de una leyenda.” (páxs. 50-52)
Luís García Mañá
indica que se trata dun home duns 43 anos, moi baixo, posto que medía 5 pés
menos unha polgada (1´37 metros), de pel morena clara, ollos castaños claros,
pelo e barba crecida negra e semicalva a parte superior da cabeza
(probablemente como efecto non só da
idade, senón tamén de usar sombreiro). A súa fisonomía non resultaba violenta
nin repugnante, ao non ter trazo característico algún. Segundo os forenses a
súa mirada era doce e tímida, podendo volverse feroz e altiva ou forzadamente
serea. O seu temperamento era bilioso e o seu desenvolvemento corporal
manifestábase de forma regular dentro da súa limitada estatura. Ao parecer
gozaba de boa saúde.
Reconstrución fisonómica |
sábado, 12 de octubre de 2019
Captarlle a ollada
“URRABIETA:
Déixeme observalo para captarlle ben a ollada. Ten que quedar constancia del,
aí estarricado no chan, quero retratalo, tan infeliz que me semella...!
POUSADEIRA: Aquí mando eu, non lle consinto
que lle faga tanto retrato. Inda vai quedar algo da súa alma polo aire e
despois collemos medo.
(...)
URRABIETA (segue co texto): Gústame velo aí
tirado, un lombo de palla... O cabelo despeiteado e crecho e a capa cubrindo as
súas miserias físicas. Vouno retratar con ese aire triste e solitario, así
cando sexa condenado xa haberá un rostro del na prensa.”
viernes, 11 de octubre de 2019
Retrato I: Vicente Urrabieta, 1854.
Retrato do home lobo realizado polo famoso
litografista madrileño Vicente Urrabieta
(o único retrato seu coñecido), acompañado da descrición de Romasanta
feita polos facultativos de Allariz.
La
Ilustración. Periódico Universal. 26-6-1854. Madrid.
Dado a coñecer polos irmáns Castro Vicente
nas Xornadas Romasanta do ano 2011.
Cadro Biográfico
ANO
|
DÍA/MES
|
IDADE
|
FEITOS
|
1809
|
18novembro
|
0
|
Nacemento en
Regueiro e bautismo en Sta Eulalia de Soutelo.
|
1825
|
26-abril
|
15
|
Confirmación en
Sta Eulalia de Soutelo.
|
1831
|
3-marzo
|
21
|
Voda con
Francisca Gómez.
|
1834
|
23-marzo
|
24
|
Viuvez / Morte de
Francisca Gómez.
|
1839
|
|
29
|
Aparición do
maleficio ou fada.
|
1834-1843
|
|
33-42
|
Vendedor ambulante
por terras galegas e leonesas.
|
1843
|
25-agosto
|
33
|
Atópase o cadáver
do alguacil de León preto de Pardavé.
|
1843
|
agosto
|
33
|
Desaparece de
terras de León. Será declarado en rebeldía.
|
1844
|
10-outubro
|
34
|
Condenado polo
Xulgado de Ponferrada polo asasinato do alguacil.
|
1844
|
3decembro
|
35
|
Confirmada a
sentenza pola Audiencia de Valladolid.
|
43/44
|
|
33/34
|
Aparece en
Rebordechao.
|
1846
|
Outono
|
36
|
Desaparición de
Petra.
|
1846
|
Outono
|
36
|
Desaparición de
Manuela García Blanco.
|
1847
|
marzo
|
37
|
Desaparición de
Benita G. B. e o su fillo Francisco.
|
1850
|
Marzo/abril
|
40
|
Desaparición de
Antonia Rúa e Peregrina.
|
1850
|
16-outubro
|
40
|
Desaparición de
José.
|
1851
|
2-xaneiro
|
41
|
Desaparición de
Josefa G. B.
|
1851
|
4-marzo
|
41
|
Intento de
asasinato de “Surtú”.
|
1851
|
xuño
|
41
|
Desaparición de
María.
|
1851
|
outubro
|
41
|
Intento de fuxir
a Castela.
|
1851
|
10-outubro
|
41
|
Marcha a vivir a
Figueiredo (Ribas de Sil).
|
1851
|
6decembro
|
42
|
Falsifica
documentación a nome de Antón Gómez.
|
1852
|
8-febreiro
|
42
|
Obtención do
pasaporte.
|
1852
|
9-febreiro
|
42
|
Saída para Castela.
|
1852
|
29-xuño
|
42
|
Desaparición do suposto
maleficio, da fada.
|
1852
|
2-xullo
|
42
|
Recoñecido,
denunciado e detido en Nombela (Toledo).
|
1852
|
8-agosto
|
42
|
Comezo das
actuacións xudiciais, Verín.
|
1852
|
7-outubro
|
42
|
Trasladado de
Verín a Allariz.
|
1853
|
6-abril
|
43
|
Condena a morte
polo Xulgado de Allariz.
|
1853
|
7-maio
|
43
|
Entra na
Audiencia da Coruña a consulta da sentencia.
|
1853
|
11-xullo
|
43
|
Primeira vista na
Audiencia da Coruña.
|
1853
|
24-xullo
|
43
|
Real Orden de
Isabel II.
|
1853
|
9novembro
|
43
|
Primeira sentenza:
cadea perpetua.
|
1854
|
27/31-marzo
|
44
|
Segunda vista na
Audiencia da Coruña.
|
1854
|
marzo
|
44
|
Atópase no
cárcere de Ourense.
|
1854
|
5-maio
|
44
|
Isabel II conmuta
a pena: cadea perpetua.
|
1854
|
20-maio
|
44
|
Sentenza
definitiva: condena a morte.
|
1854
|
7-outubro
|
44
|
Trasladado de
Ourense ao cárcere da Coruña.
|
1863
|
14decembro
|
54
|
Morre no presidio
de Ceuta.
|
Completado a partir do publicado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)