"Naquel instante, el dicía que Mariana era unha rapaza intelixente e guapa e que non carecía dunha certa cultura de adorno: tocaba o piano, rimaba con facilidade versos románticos e pintaba con inxenuidade a melancolía outoniza das follas que estraban de amarelo o grande patio da casa familiar, alá no Miño. (...)
El e Mariana coñecíanse desde nenos, cando el pasaba as tempadas de verán na Casa Grande do Miño e patinaban xuntos sobre baetas dúas veces ó día polo salón para sacárenlle brillo á cera do piso de madeira, sempre brillante e impoluto como os espellos do comedor."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 56-57.
No hay comentarios:
Publicar un comentario