"Entón viñéronlle á memoria as imaxes de Mariana que vira aquel día no Clube de Tenis e foise illando pouco a pouco, ensumida naquelas lembranzas. Tardou en darse conta de que el levaba algún tempo falando daquela moza. Cando aínda non saíra da sorpresa que lle causara aquela coincidencia, estaba contando unha historia que ela non puidera seguir desde o comezo."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 56.
No hay comentarios:
Publicar un comentario