"Sobre o asalto sábese agora que cando os atracadores pasaron por diante do cuartel, viñan fuxindo da Garda Civil desde as inmediacións da aldea de Velle, onde foran localizados un par de horas antes. (...) Pouco máis tarde, cando xa chegaran reforzos militares, o campesiño conduciu os gardas ata unha touza onde esperaban os fuxidos, que estaban ultimando os preparativos e facendo tempo para baixar ata a cidade pola noitiña e atentar contra a vida de varias persoas, tres delas descoñecidas."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 75-76.
No hay comentarios:
Publicar un comentario