"Aínda que non conseguiu o permiso, sábese que hai unhas semanas estivo na Forxa, falando coa muller de Celestino Cabezas e cun sobriño. Desde entón corren rumores de que este último desapareceu, sen que se coñeza que sucedeu con el, opinando algúns que debeu ir ó monte en busca do tío para transmitirlle algún recado e asegurando outros que o rapaz saíu da casa co citado capitán e tres persoas máis, subiu canda eles nunha camioneta de cor branca e marcharon todos xuntos cara ós montes de Randín. (...) Respecto da muller de Celestino Cabezas, está claro que segue na Forxa, dedicada a coidar da terra e das casas, un extremo que resulta fácil de comprobar e que os mesmos veciños lle confirmaron ó gobernador civil en persoa."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 78.
No hay comentarios:
Publicar un comentario