"Viuno marchar ás oito menos cuarto, camiño da igrexa, coa bufanda tapándolle a boca e as lapelas do abrigo alzadas ata a altura dos ollos, defendéndose do frío. (...) Por ese motivo non soubo en que momento exacto pasou por diante da Fundición. Cando o viu regresar da misa, xa se estaba agachando á altura do balcón, o mesmo lugar onde o perde de vista cada mañá durante uns segundos, antes de atravesar a rúa camiño do portal."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 74.
No hay comentarios:
Publicar un comentario