"Son as dez e cinco da mañá e desde que volveu da misa, hai máis de unha hora, aínda non entrou no salón para almorzar. Viuno chegar de fronte, cando dera xa a volta da curva da Fundición e ela non escoitara os pasos que empezan a soar todos os días no momento en que el abandona o paseo de terra do Parque e se adentra no pavimento de pedra da Rúa do Hospital. Pareceulle que estaba pálido e que os ollos lle brillaban de lonxe cunha transparencia acuosa sobre o fondo moura dunhas olleiras redondas e abultadas."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 73.
No hay comentarios:
Publicar un comentario