"Horrorizado polo crime e a sentencia a morte inevitable, o fiscal desapareceu durante varios meses, alegando enfermidade. O asunto descubriuse tres días antes da execución do desgraciado, que se levou a cabo no campo do Polvorín mediante garrote, cando unha monxa que acompañaba a unhas nenas que foron ver como os carpinteiros levantaban o patíbulo, dixo sen malicia que a don Anselmo López Penedo o vira ela en Barcelona había un par de semanas, onde asistía á misa diariamente na capela da orde."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 82-83.
No hay comentarios:
Publicar un comentario