"Non resulta difícil imaxinalo metido de novo na cama, ó regresar da misa, encollido e amodorrado pola febre, saíndo do sopor durante uns instantes para atender sen moitas ganas ás explicacións da súa muller, que xa lle debeu contar a historia do traballador que se feriu na Fundición a primeira hora da mañá. Tampouco custa imaxinar o desacougo que se apodera del coa maneira que Mariana ten de contar, cando en vez de referir os feitos concretos que coñece, se perde en longos circunloquios."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 74-75.
No hay comentarios:
Publicar un comentario