"En relación cos rapaces que colleron cando o asalto ó cuartel de San Francisco, sábese tamén que a muller de Camilo Deus Sandiás, un dos presos, acudiu ó Pazo Episcopal onte pola mañá para denunciar diante do señor bispo as atrocidades que están cometendo co seu home nos calabozos do Goberno Civil. (...) Cando a citada muller saía da audiencia do prelado, ó chegar á rúa, foi introducida pola forza nun coche que agardaba a uns centos de metros de Palacio e trasladada a continuación a un lugar descoñecido."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 78-79.
No hay comentarios:
Publicar un comentario