"Neste tipo de estradas, o que circula pola banda do monte, especialmente se vai encaramado nun armatoste grande, non se compadece dos que corren bordeando o precipicio. Ós dez minutos, a cinta asfáltica desvíase da beira, deixando sitio para as aldeas que mollan os pés no río. Nunha desas aldeas posuían as Luisiñañas unha casarella herdada da familia. Dei co sitio facilmente, preguntando nunha carnicería pegada ó apaeadeiro do tren. Alomenos os lugares da parroquia de San Miguel de Melias tiñan un punto a favor: as corredoriras estaban acementadas."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.133
No hay comentarios:
Publicar un comentario