"-Un día fomos a Paulino, á sala de festas que hai na estrada de Cea ó Carballiño. Tanto me encheron que as apeei no medio do monte, bueno... nunha aldea que se chama San Facundo e que ben podía chamarse Quimbambas. Foi unha xudiada, de acordo, pero tamén foi todo o mal que lle fixen.
-O asunto está feo. Vas ir ó caldeiro e vanche facer un cu novo. Procura contar a verdade se aprecias en algo as nádegas.
O detido amansou, na viaxe de regreso a Ourense non se tirou do Dauphine nin cousa parecida."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.135
No hay comentarios:
Publicar un comentario