"Había que cazar á espera, pavonearse un chisco e agardar ó remate da festa. Era de admirar, coa pouca tensión de luz que había, o que custaba encontrar un cornello escuro. ¿Vós onde bailades? ¿Naquel local do principio do Progreso, como se chama?
-Brigitte. Esa é a discoteca dos paduanos.
-Pois vexo unha requitropa de xente á porta os sábados pola noite.
-É o día que baixan os chanquiñas. Nós imos a Katherine.
-Iso cae pola rúa dos Remedios, ¿non si? Case ó pé vive a tía Elina, digo de Jacqueline. ¿Non lle daba apuro mocear tan cerca da casa?"
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.128
No hay comentarios:
Publicar un comentario