"Na comisaría andaban por aire. Á primeira hora da mañá encontraran os veciños de Velle o cadáver dun descoñecido. Nun charco de ras como Ourense dúas mortes son andacio. Comentábanse os datos das autopsias. Signos de esgano en Elina, o corpo unha pura mazadela, e restos de seme. (...) As emisoras armaban expolio coa onda de crimes. A noticia chegara a un bufete de Galerías Roma, onde a secretaria do titular sufrira un baixón de tensión. (...)
No túnel das galerías había un monte de negocios ruinosos, inclusive din cunha librería.(...)
Metín as mans nos petos, avergonzado das miñas unllas, semellantes ás dun mulo sen ferrar, e ponderei os adiantos da perruquería auriense."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.137-138
No hay comentarios:
Publicar un comentario