" -Iso de Boa, ¿que é? ¿un mote?
-É dunha serra que ten ese nome, contra Santa Mariña de Augas Santas. De aí lle vén, pero chámase Juan Antonio.
-Un nome chévere. Volvendo ó caso. O que me dou o tope no coche levaba o pelo rapado ó cero, coma os reclutas. ¿Sabes se para polo Cumial ou en San Francisco?
-Está facendo o servicio no Cuartel de San Francisco.
(...) Subín andando ó cuartel, facendo eses. O Delfín incomódase, se o conduzo mareado. O moi cabarito alanca ós cabalos caxougándome o licor no estómago, ronca e bufa e pasa de raspallón por onda o primeiro municipal que encontra.
(...) A tardiña aterecía ós transeúntes. Amantados nas roupas de inverno, corrían cara ás súas casas, sen humor para rirse dun pavesas. E mira que me esforzaba por caer en gracia. A chispa duroume toda a subida da rúa Bedoya. Destapaba os bebés que as nais abrigaban dentro de sacos e peleles para aloumiñarlles o nariz (...).
Entrei no cuartel polo camiño do Canal."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.150-151
No hay comentarios:
Publicar un comentario