"Deixei o despacho cos pelos de punta. Merquei un bocadillo de chourizo nunha cafetería do Parque, coa esperanza de que o ardor do estómago me mantivese entretido, e dispúxenme a pasar a noite no coche.
Non peguei no sono. O peor chegou cando a xente se retirou das rúas. Ata que abriu a gasolinera de Pérez Rumbao, deslizáronse as horas pousonas e frías. Acendía o motor e puña a calefacción cada tanto, pero apagábaa axiña, dábame a impresión de que envenenaba o aire. Quizais alguha fuga de gas que non libraba o tubo de escape, ou simplemente aprensión miña. Aparcado na rúa ancha e iluminada cunha luz fantasmal - nas Diagonal abundan as farolas-, peneirada pola néboa, acordeime do meu piso de solteiro na Avenida das Caldas, acolledor sen demasiadas confianzas, ideal para un gato vello."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.136
No hay comentarios:
Publicar un comentario