"Todos estes sucesos non contribuían a erguer o ánimo. Comprenderase por que, dende que merquei La hoja del lunes no quiosco do Parque Infantil, nos locais comerciais que se abren á Avenida de Santiago, empecei a falar só, maiormente a blasfemar e renegar do mundo. A primeira plana informaba, en nota de última hora, do achado dun cadáver na Barbaña, á altura da Ponte Lebrón. Elina Alvarellos, dezaseis anos, vilmente asasinada. O xornal, todo por xunto, era demoledor. Dos sucesos, que choraban a traxedia, ás páxinas deportivas onde se denunciaba a baixa forma de Montenegro e a pésima campaña do C.D. Ourense."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.117
No hay comentarios:
Publicar un comentario