"A seguinte visita foi para as hermanas, na Praza do Correxidor. As Carmelitas tiñan fama entre os colexios de pago femininos. A oferta era ampla, Josefinas, Franciscanas... pero as palmas nas facturas levábana as freiras do Carmelo. Despois de fumar varios pitos na porta da entrada, veume buscar unha monxa nova. (...)
-Acabo de falar con dúas compañeiras dela. Quedei pampa escoitando as diversións a que se entregan os fins de semana. Pasan horas nos parques con cuadrillas de golfos e permanecen ata deshora nas discotecas tentando o demo.
-To, to, to. Iso é grave. De aí a montar en bicicleta hai un paso."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.123-124
No hay comentarios:
Publicar un comentario