" -A situación das churrianas de Londres é fastidiada se, como di vostede, hai por aló tanto afeccionado a manexar o bisturí. Non lle coñecía esa cisma ós ingleses. Un home como Deus manda acode a estes antros sen máis instrumental que a gaita. (...)
A continuación distribuíu o traballo. A min tocoume entrevistar ós familiares e coñecidos de Elina.
O enderezo familiar que me deron estaba en Jesús Soria, próximo o lugar onde se atopou o cadáver. Fun polo coche e tiven unhas palabras cun tipo que ficara atrapado nun seiscentos, entre a beirarrúa e o meu carro. (...)
O baixo do edificio de Jesús Soria estaba ocupado por un ultramarinos de Vegé. Aí recollín das veciñas os primeiros informes. (...)
Coa promesa de volver, para dar o pésame ós americanos, deixei o piso de Jesús Soria. Deixeino con alivio."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.121-123
No hay comentarios:
Publicar un comentario