" -¿Tedes noivo?
Risiñas, a resposta previsible.
-É unha pregunta fácil. Pan comido para unhas alumnas das Carmelitas. Xa vistes os Maristas, que triunfaron en Cesta y puntos, e cun cuestionario ben máis difícil.
-Se temos noivo ou non é cousa nosa. A vostede impórtalle pouco. Pero, en fin, non quero desilusionar a un vello verde. Si, eu teño noivo e precisamente estou nas monxas por darme o lote con el.
-¿No portal ou na praza do barrio?
-Na fonte. En Ceboliño temos unha fonte pública.
(...) Rita presumía de medio internado. Estaba por riba dos dormitorios cuartelarios, das rosmadelas na escuridade, das pelexas acaloradas a golpes de almofada. Ela disfrutaba do rumor da auga e da frescura da fonte de Ceboliño."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.126-127
No hay comentarios:
Publicar un comentario