Aquí
por exemplo
unha pomba dicía
Agarda por min
Agarda anos na pedra que chaman
do Trigo
e sostén a esperanza
como se non fose certo
que algunha vez
habemos
de morrer
Aquí
por exemplo
unha pomba dicía
os nosos nomes rotos
e rotos
para sempre.
Xosé Carlos Caneiro, poema inédito, 2000
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 126)
No hay comentarios:
Publicar un comentario