domingo, 16 de marzo de 2014

Media mañá

Para Xosé Raúl Castro Cao

Néboa escrita con bocas,
as palabras xa chegaron alá,
a néboa cara a que van voando
os puños dos vellos,
entre Vilarchao e Ourense
baixando no autobús,
só a néboa esperando,
máis branca.

Emilio Araúxo, Pois,  Santiago, ed. Noitarenga,1998
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 120)

No hay comentarios:

Publicar un comentario