Cartaz da película. |
Dirixida
por Paco Plaza en 2004. Baseada, supostamente, na novela de Alfredo Conde,
aínda que as coincidencias son mínimas. Con Julian Sands e Elsa Pataky como
protagonistas.
A historia está ambientada en
1851 nunha aldea galega no medio do bosque, onde viven Bárbara (Elsa Pataky) e
a súa irmá Josefa. Non se atreven a saír da casa por mor dos asasinatos masivos
que teñen lugar na zona, debido aos cales se expande a lenda da existencia
dun home lobo.
Un día chega á zona un
vendedor ambulante chamado Manuel Romasanta (Julian Sands), amante de Josefa,
do que Bárbara está namorada en segredo. Romasanta acompaña a Josefa á cidade,
pero esta nunca chega ao seu destino.
Cartaza da versión inglesa. |
Romasanta é capturado como o
temido home lobo. Alega na súa defensa que é vítima dunha maldición. A
sociedade divídese: os aldeáns esixen que se castigue a Romasanta, mentres os
burgueses, cun reputado antropólogo á fronte, xustifican os seus
actos ao considerar que padece a licantropía en forma
de enfermidade mental.
Filmouse entre o 28 de xullo e o 29
de setembro do 2003 entre Barcelona e Galicia.
Recibiu o Premio ao
mellor director no Festival de Cine de Málaga e foi Candidata aos Premios Goya 2004 á mellor fotografía e mellores efectos especiais.
Cartaz italiano. |
Produtor: Julio Fernández. Guión de Elena Serra e Alberto Marini.
Intérpretes: Julian Sands, Elsa Pataky, John Sharian, Gary Piquer, David Gant,
Maru Valdivieso, Laura Mañá, Luna McGill, Carlos Reig, Reg Wilson, Ivana
Baquero, Arantxa Peña e Tacho González. Música: Mikel Salas. Fotografía: Javier
G. Salmones. Montaxe: David Gallar. Estrea: 2004. Duración: 98 m.
Fotogramas da película. |
Aínda que a película carece de encanto e nada ten que ver nin coa historia
de Manuel Blanco nin coa Galicia da época hai que recoñecerlle o mérito de ter
internacionalizado ao noso protagonista e a súa metamorfose en home lobo, dando
lugar a diversas creacións noutras linguas que xurdiron a partir de que os seus
autores coñeceron a película, buscando achegarse ao mito de Romasanta aínda que
ben lonxe da historia real.
Versión xaponesa. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario