viernes, 27 de marzo de 2020

“Oficio de lobos” de María Lado.


Unha comerciante de xoias detense en Allariz, onde as resonancias de Romasanta confundirá rostros e mesturará historias nunha noite de paixón e drogas.

“Quería berrar. Quería sacar o medo pero non lle pasaba pola gorxa. Outro bocado atravesoulle un ombreiro, decontado o peito dereito, as unllas das poutas enterráronselle no lombo. Onde estaba a luz? Onde estaba a luz?! A alborada apenas suxería as formas dentro do cuarto... A besta chamábaa polo seu nome. A cama encheuse de lobos. Notaba a súa pelaxe moverse cando respiraba. Rodeábana cos seus ollos ardentes. Tiña que zafarse e saltou. Puxo os pés descalzos sobre o terrazo frío e correu até a maletiña. Ouveaban. Ouveaban o seu nome cando ela disparou.”

Lado, María. “Oficio de lobos” en V.V.A.A. Contos do sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Dr.Alveiros, da Fundación Vicente Risco. 2019. Páx. 124.

No hay comentarios:

Publicar un comentario