sábado, 7 de marzo de 2020

“Cabo de varas” de Antonio Manuel Fragas.


Os feitos transcorren no cárcere de San Antón da Coruña onde un preso é condenado a morte por asasinar a un funcionario, froito da maquinación vingativa doutro preso chamado Manuel Blanco Romasanta.


“Malia ser un anano, a sombra de Romasanta proxectouse colosal no chan do alxube. Non dixo unha palabra até que eu, vencendo o meu propio espanto, erguín a cabeza e o mirei aos ollos. O lobishome estaba a sorrir igual que un neno diante dun doce. Só entón, sentíndose vitorioso, pronunicou a súa sentenza final: “Acabarás afacéndote ao inferno, monstro”. O brillo dos seus ollos era máis intenso que nunca.”

Antonio Manuel Fragas, “Cabo de varas” en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.71.



No hay comentarios:

Publicar un comentario