miércoles, 18 de marzo de 2020

“A muller do capitán González” de José Rosillo.


A historia de Catalina Fernández, a muller que mantivo unha relación con Romasanta en Cubillas (León). Unha vida de malos tratos que non a farán esquecer ao seu gran amor, a quen seguirá buscando toda a vida con escuras intencións.

“Catalina Fernández remexeuse inquieta na ostentosa cadeira de brazos de coiro. O seu vestido vermello, estilo tapiceiro cun aparatoso polisón, parecía impedirlle estar sentada. O seu irmán Juan, o párroco de Cubillas, apertaba nerviosamente o chapeu de feltro pousado sobre a súa redonda barriga, mentres abaneaba sen sentido os pés, que apenas tocaban o chan. (...)
-Como xa os avisaba na miña carta, dei co tal señor Blanco Romasanta e estou convencido de que esta vez é o auténtico.
 Catalina sacou un pano branco con puntilla do seu bolso e levouno á boca afogando un suspiro. Felipe López Beltrán levantou por un momento a vista do documento.
 -Como saben vostedes –proseguiu-, estes últimos meses corremos detrás de varios Blanco Romasanta, que non tiñan nada que ver co que estabamos a buscar. Pero pódolles asegurar que este si se trata do noso home. E lamento dicirlles que as informacións que vou compartir con vostedes non lles van agradar o máis mínimo.”
Rosillo, José.  “A muller do capitán González” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. Páxs. 67-68.


No hay comentarios:

Publicar un comentario