Na “Sesión
Nº 2”, desde a voz narrativa de Francisca, a dona de Romasanta morta
prematuramente, amósanos a felicidade e o pracer que presidiu o seu breve
matrimonio, e como o fin deste, puido estar na orixe dos seus crimes.
“Se
quere que lle conte a historia do Manuel téñolle por forza que contar tamén a
miña, pois é a mesma. Ambos os dous medramos en senllos cárceres.
Manuel, Manueliña,
a flor do
pexego,
o guiso dun rico
en pote pequeno,
en pote pequeno,
en pote pequeno,
Manuel,
Manueliña,
a flor do
pexego...”
Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez
Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do
Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora.
Compostela. 2018. Páxs. 22-23.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario