viernes, 6 de marzo de 2020

“Lino na néboa” de Xesús Constela.


Lino desaparece unha noite entre a néboa despois de compartir cervexas e conversa cun amigo que lle conta a historia de Romasanta, sobre quen anda a traballar nunha reportaxe.


“Vexo que se non hai cervexa, a miña compaña xa non che resulta interesante. Pois non, espetoume para o meu abraio, e aínda me interesa moito menos para que me contes parvadas de ananos lobishomes medio efeminados que comercian con untos humanos. Pois marcha, entón, berreille moi alporizado. O Lino mirou para min con cara de poucos amigos, púxose de pé, baixou da furgoneta e marchou en medio da néboa sen nin sequera facer un aceno de despedida.”

Xesús Constela, “Lino na néboa” en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.53.



No hay comentarios:

Publicar un comentario