Diálogo no Purgatorio entre un rapazolo ladrón asasinado recentemente e
Blanco Romasanta, que mentres esperan a decisión final sobre o seu destino –ceo
ou inferno- dialogan sobre a condición de ladrón e asasino, e outros asuntos,
divinos e terreais.
“Pois ben, como dicía,
estando eu aboiando nun mar de dúbidas, por mor do meu recente
falecemento –viña de morrer a mans do
dono dunha casa que estaba a roubar en Allariz-, resulta que me atopei co
Sacaúntos. (...)
Enfurruñado e turbado andaba eu a causa da
miña recente morte cando o Sacaúntos se me achegou con ganas de conversar. Xa
segundo o vin espeteille un “Ola, don Manuel!”, pois daquela, el era un tipo
moi coñecido non só en Allariz, senón en toda España e tamén noutros países.”
Fernando Méndez. “Entrevista
ao Sacaúntos na Estación das ánimas”. En V.V.A.A.
Contos do
Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. Páxs. 101-102.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario