Tres relatos de diferente autoría que son a transcrición dunhas sesións de hipnotismo feitas probablemente no penal de Ceuta a Manuel Blanco Romasanta, baixo a supervisión do doutor Philips, e atopadas moitos anos despois no Arquivo da biblioteca universitaria de Toulousse. Nestas sesión Romasanta vai adoptando distintas voces femininas que formaron parte da súa vida.
“Logo
dun concienciudo e rigoroso estudo, un grupo de investigadores do Instituto
chegou á conclusión de que se trataba das transcricións de varias sesións de
hipnose realizadas polo prestixioso hipnólogo do século XIX, o doutor
Joseph-Pierre Durando de Gros, autor do célebre tratado Electro-Dynamisme Vital, ou les relations physiologiques de l ´esprit
et de la matiere, aínda que asinadas, sen que a día de hoxe se coñezan os
motivos, baixo o pseudónimo de Dr. Philips, a un reo de nome Manuel Blanco
Romasanta, que fora condenado a morte o día 6 de abril de 1853 na localidade
galega de Allariz polo cruel asasinato de máis dunha ducia de persoas.”
Xesús
Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á
hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as
mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. 2018. Páxs. 13-14.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario