sábado, 21 de marzo de 2020

Moita internet e moito twitter


Pola cara que pos xa vexo que non sabes nada. Moita Internet e moito Twitter e todas esas lerias e non sabedes nada do que pasa no mundo. Pois fixéronse películas sobre o lobishome de Allariz e congresos para estudar o seu caso e mesmo teses de doutoramento. Nas feiras da época corría a súa historia en coplas e cantares de cego: Manuel Blanco Romasanta, o home lobo de Allariz, unha fonte de inspiración para escritores, psicólogos, criminólogos, xuristas, etnógrafos, criptólogos... Porque non é só que asasinase tantas mulleres e nenos, o caso é que o facía sen querer, vítima dunha maldición que facía que nas noites de lúa se convertese en lobo e correse por eses montes á par doutras feras á busca de humanos. E cando atopaba algún, saltaba sobre el e desfacíao a dentadas. Un auténtico licántropo, coma os das lendas, esas nas que non cres.”

Lourenzo González, Manuel. “Asando unha pita” en V.V.A.A. Contos do sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Dr.Alveiros, da Fundación Vicente Risco. 2019. Páx. 96-97.

No hay comentarios:

Publicar un comentario