Desde o penal de Ceuta, Romasanta confésalle a un monxe alaricano
establecido no cárcere ceutí o nome do verdadeiro responsable dos seus asasinatos.
Amor e crise de identidade sexual xogan un papel importante neste relato de
confesión.
“-Explíquese, irmán –as palabras do monxe espertaran a súa curiosidade e
chuchou impaciente da pipa, ao tempo que
collía a carta que lle ofrecía-. Que é o que lle dixo Romasanta antes
de morrer?
O irmán Xoel, de xeito inconsciente, suspirou aliviado cando o seu
superior tomou o escrito das súas mans e o liberou da responsabilidade de
cargar máis tempo con aquela confidencia.
-Non é tan importante ou trascendental o nome do home que aparece nese
papel –aclarou consternado, como se lle custase un esforzo enorme falar
daquilo-, como o é a súa implicación directa no caso de Manuel e a súa
responsabilidade nas mortes polas que o desgraciado cumpría condena. Calquera
que coñeza os tratos que tiña o defunto coa meirande parte da nosa comunidade
non se estrañaría de atopar referencias na súa historia a... a...”
Xosé Duncan. “A carta do lobo de fume”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal.
Urco editora. 2016. páxs. 58-59.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario