jueves, 26 de marzo de 2020

“Asando unha pita” de Manuel Lourenzo González.


Romasanta, nos tempos actuais, asa unha pita ao lume mentres conversa coa súa última vítima, a quen lle vai relatando a súa vida pasada e a actual. Agora vende o unto nas parafarmacias.

“Sabes de quen che falo, non?, ou non coñeces esas historias?... Ah, xa me parecía. Pero non cres nelas, parécenche contos de vellas para asustar os cativos, claro. Pois eu non estaría tan seguro. Non te quero asustar, pero... A ti non che soa a historia dun home que chamaban Romasanta, que viviu aló a mediados do século XIX e que foi acusado de matar polo menos unha ducia de persoas? Si, muller, telo que coñecer. Fixéronlle o xuízo en Allariz, foi moi comentado, a súa historia saíu en todos os xornais, durante tempo non se falou doutra cousa... Pola cara que pos xa vexo que non sabes nada. Moita Internet e moito Twitter e todas esas lerias e non sabedes nada do que pasa no mundo.”

Lourenzo González, Manuel. “Asando unha pita” en V.V.A.A. Contos do sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Dr.Alveiros, da Fundación Vicente Risco. 2019. Páx. 96.

No hay comentarios:

Publicar un comentario